Trátase dunha obra que contou coa participación do escritor Xoán García «Rompe», do músico de Xan Carballal, da letrista e violonchelista Xulia Carballal e do deseñador Tomás López

Lugo. 13/marzo/2019

O Círculo das Artes acolle mañá, a partir das 20.00n horas no salón de columnas, a presentación do libro-disco «A Viaxe de Brandán», unha obra baseada no texto do mesmo título do escritor Xoán García «Rompe». Esta iniciativa cultural contou, ademais de con  Xoán «Rompe», coa participación, no apartado musical, de Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela; da profesora de violonchelo Xulia Nogueira, autora das letras das cancións da obra; e do deseñador Tomás López, quen ilustrou o libro.

Este libro-disco, que xa foi gravado en 2014 e que agora é editado polo Concello de Burela, aúna nunha mesma obra cultural música, teatro, literatura e ilustración.