O Círculo clausura mañá a exposición interactiva de caricaturas de Mouriz cun coloquio

No peche da mostra “Homes de Lugo” haberá ademais un sorteo entre os participantantes que xogaron para adiviñar a identidade dos persoaxes caricaturizados 

LUGO. 17/outubro/2018

O salon de columnas do Círculo das Artes acolle mañá, a partir das 19.30 horas, a clausura da exposición “Homes de Lugo”, unha mostra composta por 62 caricaturas do ilustrador Pepe Mouriz, na que retratou a personaxes ilustres do Lugo dos 50, os 60 e os 70. Como parte desta clausura haberá un coloquio no que estarán presentes Paco Rivera e Xulián Parga, xunto co directivo do Círculo Manel Matalobos e a xestora cultural da sociedade, Noelia Castro. Ademais deste coloquio, que servirá para achegar datos anecdóticos e curiosidades sobre Pepe Mouriz e da correspondente tertulia co público asistente, para esta clausura está prevista a celebración do sorteo de varias figuras de Sargadelos, entre os participantes que xogaron para adiviñar a identidade dos persoaxes caricaturizados po lo debuxante lucense.

Hai que lembrar que os primeiros días da mostra os visitantes escribiron nun díptico o nome do personaxe que correspóndese con cada unha das caricaturas. Todos aqueles que tiveron un mínimo de 20 acertos entrarán no sorteo de mañá. Despois da primeira semana, a mostra “Homes de Lugo” tivo expostos os textos explicativos que acompañan a cada unha das ilustracións, desvelando por fin a identidade dos personaxes que serviron de inspiración a Mouriz.

Trinta destas caricaturas son orixinais e foron cedidas ao Círculo por María Elena Abel, muller do que foi albacea de Mouriz, Andrés Segundo Guerra Pita, nun convenio asinado o pasado mes de abril. Estes debuxos, xunto a outras 32 caricaturas, pasaron a integrar esta mostra que é un auténtico retrato da sociedade lucense da época.

By |2018-10-17T17:37:14+00:00octubre 17th, 2018|ES|0 Comments