A charla trató sobre a relación de Fraguas con Lugo e co Círculo das Artes 

Lugo. 15/maio/2019

Para celebrar o Día das Letras Galegas, o Círculo das Artes acolleu unha conferencia de Antonio Prado, biógrafo e estudoso da obra de Antonio Fraguas. O profesor falou no salón de columnas sobre a relación do historiador e escritor con Lugo, cidade que supuxo a súa volta á vida académica trala Guerra Civil e a postguerra, e tamén co Círculo das Artes, percorrendo a súa estancia de nove anos en Lugo e as actividades que realizou no Círculo. Entre outros temas, tamén falouse da súa chegada a Lugo, despois de aprobar as oposións a cátedras de instituto e obter a praza de Xeografía e Historia no Instituto Masculino de Lugo ou da primeira conferencia que impartiu nos salóns do Círculo, en 1951. Aínda que non foi socio, Antonio Fraguas colaborou en varias actividades do Círculo das Artes, participando en conferencias, pregóns e certames literarios, durante a década que permaneceu en Lugo e que, segundo os estudosos da súa obra, foron os anos máis activos da súa produción ensaística.