Más de 120 parejas de toda Galicia disputa este fin de semana en el Círculo el II Campeonato Gallego de Mus

Más de 120 parejas de toda Galicia disputa este fin de semana en el Círculo el II Campeonato Gallego de Mus

Os primeiros clasificados poderán optar a prazas máster no Nacional de Mus de Vigo 2017, na próxima edicición do torneo galego, ademais de gañar viaxes a Europa, estancias en balnearios e experiencias gastronómicas

Lugo. 3 de novembro de 2016

O Círculo das Artes de Lugo acolle esta fin de semana a celebración do II Campionato Galego de Mus, que este ano contará coa participación de máis de 120 parellas, procedentes de toda Galicia, entre as que figuran 15 parellas de Lugo. Os primeiros clasificados deste torneo, organizado pola Federación Galega de Mus, poderán optar a unha praza master no Nacional de Mus de Vigo 2017; cinco prazas no III Campionato Galego de Mus 2018, dous viaxes a Europa, tres estancias en balnearios, experiencias gastronómicas, ademáis de xamóns e lotes de produtos, aportados polos patrocinadores.

O campionato abrirase o sábado 23, coa recollida de acreditacións de 10.00 a 10.45 horas, para comezar as roldas ás 11.00 da mañá. Pola tarde, o campionato reanudarase ás 16.30 para continuar ata a unha da madrugada, cando terá lugar a rolda oito. O domingo 24, o torneo comezará coa rolda 9, que se disputará ás 09.30 horas, para dar paso ás semifinais e a final, que terá lugar ás 12.30 horas da mañá.

A fase de clasificación desenvolverase a nove roldas, ademais das semifinais e a final. Todas as partidas disputaranse a gañar catro xogos de 40 pedras, mentres que as parellas que perdan tres partidas quedarán eliminadas da competición.

By | 2017-09-21T16:41:22+00:00 septiembre 21st, 2017|ES|0 Comments