El Círculo de las Artes cierra mañana las reservas para la cena de Arde Lucus del Sábado

Lugo /28/xuño/2017

O Círculo das Artes pechará mañá o prazo para reservar mesa e asistir á cea de Arde Lucus para socias e socios, do vindeiro sábado, 1 de xullo, no salón de columnas da Sociedade.  Ao igual que o ano pasado, poderán asistir as nenas e nenos maiores de 8 anos sempre e cando veñan acompañados dos seus pais.

Os interesados en asistir a este evento aínda poden apuntarse, de 17:00 a 21:00 horas, nas oficinas da sociedade, ata completar o aforo. Nesta segunda edición, os comensais recibirán a visita dos soldados da garda Pretoriana.

O prezo do menú será de 20 euros para os socios e de 30 para os invitados, que poderán acompañar aos socios, sempre e cando acrediten co seu DNI que están empadroados fóra da provincia de Lugo. Neste caso será o socio do Círculo o encargado de retirar as correspondentes tarxetas de reserva.

O menú, servido polo Ambigú do Círculo, constará de gustatio, a base de empanada, chourizo, queixo e lacón asado; Vitellina in furnum (carne de ternera) e de postre, dulcia de nuce et melle, xunto coa bebida, o pan e o café.

Ademais, tanto o venres 30 de xuño como o sábado 1 de xullo, o comedor privado con vistas á muralla da zona nova, ofrecerá tamén menús especiais, a un prezo de 20 euros, para cear o venres e comer o sábado, para despois continuar a festa romana pola cidade de Lugo. Os interesados tamén deberán reservar a súa mesa no Ambigú do Círculo.

By | 2017-06-29T20:18:46+00:00 junio 29th, 2017|ES|0 Comments