Ambas entidades asinaron un convenio, co que o organismo provincial axuda económicamente a sufragar as obras de adecuación desenvolvidas na biblioteca da sociedade 

Lugo. 06/xaneiro/2017

A Deputación de Lugo subvencionará parte dos custos das obras de adecuación da biblioteca principal do Círculo de las Artes, que ocupa parte da primeira e da segunda planta da sede principal da sociedade. As obras, desenvolvidas o pasado ano, permitirón recuperar e mellorar algúns elementos estructurais importantes da citada estancia como son as escaleiras de acceso da sala de lectura de prensa á sala de estudio da segunda planta. Ademais os traballos acometidos nunha das salas más ultilizadas polos socios do Círculo, permitiron a restauración da zona circular da biblioteca, unha das máis singulares das dúas plantas do edificio principal.

O convenio asinado esta semana enmárcase no plan estratéxico de subvencións da Deputación de Lugo para as anualidades 2017, 2018 e 2019, e ten como finalidade axudar e colaborar coas entidades relacionadas coa cultural e co patrimonio cultural de Galicia, como é o caso do Círculo de las Artes. Outro dos obxectivos que se perseguen con este convenio é protexer, difundir e fomentar a cultura, ademais de conservar todas as súas vertentes.

A biblioteca principal do Círculo de las Artes é unha das salas máis singulares, antigas e elegantes da socidade cultural e conta cuns importantes fondos bibliográficos, xa que na actualidade alberga máis de 10.000 volumes.