Instalacións

Breve paseo polo Círculo das Artes

Biblioteca:

A Biblioteca do Círculo das Artes ocupa parte da primeira e da segunda planta do edificio social. A Biblioteca posue unhas elegantes y amplas instalacións que propician a lectura repousada e recollida. Na primeira planta se sitúa a sala de lectura de prensa e dos volúmenes da biblioteca. A segunda planta destínase á sala de estudio á que teñen accesoos socios estudantes.

Os fondos da Biblioteca superan os dez mil volúmenes. O 31 de decembro de 2009 o número total de libros era de 9.924 e 1.386 revistas. Conta tamén cunha Hemeroteca que posúe unha das mellores coleccións lucenses de prensa de actualidade. Posú así 61 publicacións dos máis diversos estilos e temáticas, entre as que se poden encontrar todas as revistas e periódicos importantes do ámbito local, galego, nacional e internacional. Tamén as publicacións e boletÍns oficiais do Estado, de Galicia e da provincia lucense, así como semanarios, publicacións mensuais, boletíns de información financeira, comercial, artística, etc.

Neste senso a hemeroteca da sociedade rexistra importante movimento, xa que unha gran cantidade de socios pasa diariamente polas súas instalacións.

Salón Rexio:

Neste salón tiveron lugar algúns dos acontecementos máis relevantes da vida social lucense.


Mensaje

É o salón principal da Sociedade, e nel desenvolvénse as súas principais actividades, tales como concertos, bailes, conferencias, exposicións, campionatos, etc.

Salón de Columnas:

Sala de tertulia e concertos. Un dos sitios emblemáticos no que é habitual tomar o café.

Sala de Xadrez:

Destinado ´ práctica do xogo do xadrez. Organízanse nela campionatos para equipos e participación individual.

Sala de Video e TV:

Conta este espacio con dúas salas habilitadas con dúas pantallas de televisión. A primeira delas conta con 49 butacas e a segunda con 32. No medio delas hai un pequeno descansillo con cinco butacóns.

Salón de Billares:

En dúas alturas repartense tres ambentes diferentes. Cabe a posibilidade de xogar ó billar en mesas a tres bandas ou en billar americano. Hai tamén mesas habilitadas para xogar a diferentes xogos de naipes. E finalmente o Salón de Billares tamén destaca polos seus xogadores de dominó.

Exterior do edificio:

O 16 de outubro de 1895 encárgase o proxecto do actual edificio ao arquitecto Don Manuel Bellido, adxudicando a execución das obras ao contratista Don José Vila Veral na cantidade de oitenta e sete mil pesetas, a tal efecto formalizase un crédito de cen mil pesetas para a construcción e decoración do futuro edificio. O 6 de decembro do ano 1898, sendo presidente Don Eduardo Cumbraos Fouce, asínase o acta de recepción definitiva das obras do novo edificio do Círculo das Artes, que é inaugurado oficialmente o 12 de decembro do mesmo ano

Acceso Principal :

Eventos de Maio

Suscribirse al canal RSS de eventos


Especiales


Copyright © 2013
Círculo das Artes de Lugo
Praza Maior 23 (27001-Lugo)
Tel: 982 225 051 - 982 225 456
Fax: 982 220 628