Biblioteca

Fondo bibliográfico e cinematográfico do Círculo das Artes.

A Biblioteca do Círculo das Artes ocupa parte da primeira e da segunda planta do edificio social. A Biblioteca posue unhas elegantes y amplas instalacións que propician a lectura repousada e recollida. Na primeira planta se sitúa a sala de lectura de prensa e dos volúmenes da biblioteca. A segunda planta destínase á sala de estudio á que teñen accesoos socios estudantes.

Os fondos da Biblioteca superan os dez mil volúmenes. O 31 de decembro de 2009 o número total de libros era de 9.924 e 1.386 revistas. Conta tamén cunha Hemeroteca que posúe unha das mellores coleccións lucenses de prensa de actualidade. Posú así 61 publicacións dos máis diversos estilos e temáticas, entre as que se poden encontrar todas as revistas e periódicos importantes do ámbito local, galego, nacional e internacional. Tamén as publicacións e boletÍns oficiais do Estado, de Galicia e da provincia lucense, así como semanarios, publicacións mensuais, boletíns de información financeira, comercial, artística, etc.

Neste senso a hemeroteca da sociedade rexistra importante movimento, xa que unha gran cantidade de socios pasa diariamente polas súas instalacións.

Pode consultar os fondos da biblioteca desde este formulario:

  • Texto a buscar (entre 7358 libros)

Dende aquí pode consultar o listado de peliculas catalogadas pola Biblioteca

Eventos de Maio

Suscribirse al canal RSS de eventos


Especiales


Copyright © 2013
Círculo das Artes de Lugo
Praza Maior 23 (27001-Lugo)
Tel: 982 225 051 - 982 225 456
Fax: 982 220 628